A Adega Cividade foi a encargada de inaugurar a XLV Feira do Viño de Amandi, ao cumprirse o décimo aniversario do falecemento do seu fundador, José Verao Rodríguez. No acto participaron, ademais dos membros da adega, o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián e o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, acompañado polo director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte.
De seguido, ás 20:00 horas actuará a batucada X de L e ás 22:30 horas a Louband.
Para a presente edición están inscritas 22 adegas da subzona de Amandi. O Concello de Sober estrea este ano unha nova imaxe da feira cunha carpa decorada cunha fotografía xigante da ribeira “a modo de miradoiro” e con stands para os bodegueiros e bodegueiras completamente renovados.
Programa do sábado , 12 de abril
-Ás 11.00 horas: Apertura de stands.
Ás 11.30 horas: Actuación dun Grupo de Música Tradicional, a través do programa Tradigalu da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
-Ás 12.30 horas: Actuación da Banda de Música de Sober.
-Ás 17.00 horas: Comezo da Precata Oficial.
-Ás 18.30 horas: Actuación da Batukada Baturruca.
-Ás 21.30 horas: Actuación de Lucía Pérez.
-Ás 23.00 horas: Actuación de Gin Toni’s.