Constituido O Consello Regulador da D. O. Ribeira Sacra

A directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, presidiu esta tarde o pleno de constitución do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra.

Nesta sesión reelexiuse por unanimidade como presidente do Consello a José Manuel Rodríguez González. Tamén por unanimidade foron elixidos vicepresidentes César Enrique Diéguez, da adega Cachín (polo sector elaborador) e Juan Carlos Varela Aguiar (polo sector produtor).